Dous tubos, un con tapa enganchada á peza por unha cadea e o outro aberto. Ámbolos os dous van a un disco con tapa aparafusada que ten no interior unha peza en forma de cruz branca e cinco parafusos.
Canal de La Mancha y Costa Sur de Irlanda Océano Atlántico. Está a cor. Ten pegados dous papeis vermellos que avisan ós navegantes do temporal que afecta á carta.
Cangrexo ermitaño dentro da cuncha dun gasterópodo que lle sirve como refuxio. A cuncha ten entre 11 prolongacións a xeito de dedos na base, son de forma aplanada e cor marrón oscuro. O ermitaño ten unha pinza peluda. A pinza dereita é maior.
Cape Finisterre to Cape St. Vincent, West coast of Spain and Portugal. compiled from the latest information in the Hydrographic Office to 1881. Contén: península de Peniche, Sines Bay, Cezimba Bay.
2 cunchas. Ombligo aberto. Cor: manchas marróns sobre fondo branco. Superficie lisa. Espiral redondeada bastante plana. Opérculo con capa calcárea externa.
Carnada artificial con forma de cefalópodo, o corpo é laranxa e ten moitos fleques, esconde o anzol. A cabeza é de metal, ten os ollos vidrosos de cor vermella.
Tiras longas de folla de millo secas, encaixadas unhas sobre outras e empatadas á liña en forma cónica cun fío branco. Na parte máis ancha átase o feixe cun anaco de folla.
Roda maciza dentada cunha máis pequena estrelada que xiran ó mesmo tempo y en sentidos opostos. O conxunto está suxeito a unha tira de madeira alongada e que sobresae a ambos lados das rodas.