Bienvenidos y Bienvenidas

O Pazo de Tor encontrase nas aforas da cidade. Acolle una importante biblioteca, catro salóns corridos, escalinata barroca e una colección de armaduras (séculos XIV-XV), así como mobles e pinturas do século XVI.

As orixes deste pazo están ligadas á liñaxe dos Garza desde o século XIV ata a súa doazón por parte da última herdeira á Deputación de Lugo no  1993, coa condición de que fose aberto a tódolos monfortinos e se mantivese o mobiliario e a distribución de aparellos e obras artísticas  segundo estaban.

O edificio está situado nunha elevación natural que o converte en miradoiro sobre o val de Lemos. Construíuse a finais do século XVIII con estilo barroco matizado polo neoclásico. Con forma de U ten dúas plantas, a superior para residencia dos donos do pazo e a inferior para vivendas dos criados e todo tipo de dependencias necesarias como adega, cortes, cabalarías,…

Toda esta distribución e mobiliario orixinal en excelente estado de conservación fai que se converta nun lugar ideal para coñecer a vida nos pazos galegos, polo que a Deputación o converte en Museo Etnográfico pasando a formar parte da Rede Museística Provincial.

No ano 2006 abre as súas portas, con 17 dependencias co seu mobiliario orixinal, entre as que destacan a biblioteca, a sala de armas ou a sala de música, na que se atopan uns instrumentos de extraordinaria rareza: un claviórgano Longman & Broderip e un pianoforte Collard&Collard.

PAZO DE TOR - Rede Museística Provincial de Lugo
Next page >