Cinceiro en cerámica de Talavera, circular, con pequenas asas de perfil mixtilíneo, para apoio dos cigarros. Decorado no corpo cunha escena pincelada dunha paisaxe cunha ave en tons azuis, verdes e ocres.
Cinceiro en bronce, de corpo troncocónico invertido decorado co escudo heráldico dos Sarmiento (trece bezantes de ouro) distribuído en catro metopas dividas por segmentos de perfil avolutado. Conta con tres apoios voados para cigarros.
Cobrecálice en seda natural adamascada de cor vermello, con motivos florais en fío de ouro e ribeteado en pasamanería do mesmo. Orla con cruz potenzada.
Cofre en miniatura, tallado en madeira con ferraxes de ferro e argolas nos lados menores. Componse de 6 táboas de madeira tintada, 25 tiras de metal e arredor de 300 cravos, cerroxos, aneis e bisagras. De fabricación en serie mais artesanal. En realidade, trátase dun souvenir todavía producido, á venda. Reproduce fielmente o suposto cofre do Cid Campeador (unha arca do século XIV), exposto na capela do Corpus Christi da catedral de Burgos. Conserva no interior o folleto descritivo impreso por Impresos Alonso (Burgos) co texto en castelán, francés, alemán e inglés que relata a lenda: cargado supostamente de ouro e xoias, foi o aval que o Cid entregou para recibir un crédito (de prestamistas xudeus aos que enganou, pois o cofre só contiña terra) e así pagar aos seus soldados cando foi desterrado a Burgos, tras a "Jura de Santa Gadea". Estes cofres facíaos un artesán chamado Francisco Angulo (falecido en 2013), terceira xeración dunha familia que comezou na catedral de Burgos o seu traballo, hai máis dun século.
Confidente de catro corpos. Parte central con capitoné. Tapizado en tons ocres con motivos florais tipo Paisley e rematado en flocadura perimetral no faldón con pasamanerías de cordón. Apoiado en dez patas con rodas.
Consola en madeira tallada con motivos florais e de rocalla e vexetais bañada en pan de ouro. Catro patas cabriolé unidas por chambrana e meseta en mármore branco, dese gusto romántico que recuperou a estética do rococó.
Mesa de pé de ponte para papeleira, en madeira torneada de castiñeiro, con chambrana de arquería de cinco vans rematados en pináculos; apoiada en tres patas torneadas en cada lado menor, sobre zapatas.
Corno de boi para chamar nas cacerías coa inscrición: "BIBA. MI DUEÑO FRANCISCO: BERNAL" e o pirogravado cunha escena cinexética. O cazador, Francisco Bernal, leva escopeta; en dirección contraria, fuxe unha lebre perseguida por un can. Vai asinado polo pastor que fixo a corneta: SATURIO (probablemente oriúndo de Soria)
Coroa de reloxo de peto, posíbelmente do Lepine, peza 1361, deste inventario. Polo tanto, da mesma casa francesa "Jean Frazy et Fils". Conserva a argola de suspensión.
Coxín co seu anverso en veludo granate, bordado con fíos de metal dourado formando grilandas flordelisadas nas esquinas co complemennto heráldico nunha delas: un escudo cuartelado, réplica bordada do da fachada do pazo pero invertido na disposición dos cuarteis: sarmiento, valladares, garza e quiroga; o reverso liso con tea vermella.
Crucifixo coa imaxe de Cristo de catro cravos en bronce coa caveira do Gólgota aos pés sobre cruz en madeira e titulus en forma de filacteria co INRI de rigor.
Cruz en madeira formando debuxos, arabescos e aréola, con craviños en bronce. A cruz é simple e escadrada. O Crucificado, fundido en bronce, é de tres cravos.
Cruz latina escadrada de madeira coa imaxe de Cristo en bronce. Aos pés, un baixorrelevo coa imaxe da Dolorosa. O Crucificado é de tres cravos e leva titulus co INRI de rigor.
Crucifixo en madeira tallada e veludo, a imaxe do Cristo e a benditeira en metal branco. A cruz latina simple é escadrada, leva titulus con INRI e vai perfilada a súa contorna con decoración que semella aramio de espiño.
Crucifixo relicario en madeira de oliveira con fileteados en marquetería. A cruz é simple, co titulus de rigor, e escadrada. Conta con catro discos en nácara nos cadrantes da cruz coa inscrición PASTOR DELATE TORSINA. Cun crucificado de tres cravos, sobreposto e en nácara, acompañado de catro ráfagas (perdeu unha delas) en nácara e o INRI (Iesus Nazarenus Rex Iudeorum); Este tipo de cruces procede dos Santos Lugares, de onde chegaron a Occidente como obxectos de recordo de peregrinación. Un dos factores de riqueza dos cristiáns en Palestina foi a industria ou artesanía de rosarios, cruces e toda clase de souvenires relixiosos dos Santos Lugares, fabricados con madeira de oliveira, nácara e outras materias, recordos propiciados polos franciscanos da Obra Pía de Xerusalén, institución benéfico-piadosa destinada á conservación, acrecentamento e restauración dos Santuarios de Terra Santa. Esta cruz responde ao exercicio piadoso de Vía Crucis, costume iniciada en Xerusalén da man dos franciscanos, recompensada dende o principio cun gran número de indulxencias. O Vía Crucis evocaba mediante catorce estacións ou etapas, o camiño percorrido por Cristo durante a Paixón. En 1773 o papa Clemente XIV concedeu as mesmas indulxencias ao rezo do Vía Crucis na casa, sempre que o devoto sostivese entre as súas mans unha cruz. De aí a multiplicación da produción de cruces adornadas con círculos de nácara alusivas ás estacións. Acrecentouse así mesmo a exportación ao Occidente.
Cruz latina, simple, tallada en madeira de oliveira, cos seus brazos cortados en chafrán nun perfil hexagonal. As aristas maiores do anverso e do reverso están percorridas cun filete embutido de nácara. Leva 14 pequenos botóns tetrapétalos, así mesmo de nácara, incrustados en todo o corpo, o que delata a súa procedencia dos Santos Lugares. Trátase dunha cruz de Xerusalén, de onde chegaban a Occidente como obxectos de recordo de peregrinación. Un dos factores de riqueza dos cristiáns en Palestina foi a industria ou artesanía de rosarios, cruces e toda clase de recordos relixiosos dos Santos Lugares, fabricados con madeira de oliveira, nácara e outras materias, recordos propiciados polos franciscanos da Obra Pía de Xerusalén, institución benéfico-piadosa destinada á conservación, acrecentamento e restauración dos Santuarios de Terra Santa. Esta cruz responde ao exercicio piadoso do Vía Crucis, costume iniciada en Xerusalén da man dos franciscanos, recompensada dende o principio cun gran número de indulxencias. O Vía Crucis evocaba mediante catorce estacións ou etapas, o camiño percorrido por Cristo durante a Paixón. En 1773 o papa Clemente XIV concedeu as mesmas indulxencias ao rezo do Vía Crucis na casa, sempre que o devoto sostivese entre as súas mans unha cruz. De aí a multiplicación da produción de cruces adornadas con círculos de nácara alusivas ás estacións. Acrecentouse así mesmo a exportación ao Occidente.
Cruz latina, simple, tallada en madeira de oliveira, cos seus brazos de perfil cúbico e a cúspide rematada en copete pentagonal. Leva 14 pequenos botóns en irregular losange, en nácara, incrustados en todo o corpo, o que delata a súa procedencia dos Santos Lugares. Trátase dunha cruz de Xerusalén, de onde chegaban a Occidente como obxectos de recordo de peregrinación. Un dos factores de riqueza dos cristiáns en Palestina foi a industria ou artesanía de rosarios, cruces e toda clase de recordos relixiosos dos Santos Lugares, fabricados con madeira de oliveira, nácara e outras materias, recordos propiciados polos franciscanos da Obra Pía de Xerusalén, institución benéfico-piadosa destinada á conservación, acrecentamento e restauración dos Santuarios de Terra Santa. Esta cruz responde ao exercicio piadoso de Vía Crucis, costume iniciada en Xerusalén da man dos franciscanos, recompensada dende o principio cun gran número de indulxencias. O Vía Crucis evocaba mediante catorce estacións ou etapas, o camiño percorrido por Cristo durante a Paixón. En 1773 o papa Clemente XIV concedeu as mesmas indulxencias ao rezo do Vía Crucis na casa, sempre que o devoto sostivese entre as súas mans unha cruz. De aí a multiplicación da produción de cruces adornadas con círculos de nácara alusivas ás estacións. Acrecentouse así mesmo a exportación ao Occidente.
Cruz potenzada en bronce dourado con argola integrada na cúspide para levar pendurada do colo ou nunha brazaleira, ou nun colar, xunto con medallóns relicarios ou amuletos. No anverso leva gravadas cinco flores de lis distribuídas ao longo dos catro brazos. Asociámola á Terra Santa. Véxanse as pezas 1425 e seguintes, coas que puido formar un conxunto propio do traxe de vistas das mulleres da Alberca, Sierra de Francia, en Salamanca.
Cruz de Caravaca, lignum crucis, realizada con dúas chapas de metal prateado unidas entre si, con asa na cúspide, móbil e de gran tamaño, de forma ovalada con copete apuntado e perfil flordelisado, disposta perpendicular ao borde, e articulada cun eixo con craviño de cobre. A cruz combina nos seus brazos (de perfil contorneado por incisión) motivos calados en forma de cadrifolios e cruces que transparentan o lignum crucis que reserva no interior, fragmentado, á súa vez, formando cruces. No anverso, baixo o cadrante central, as iniciais OSA, alusivas á Orde de Santo Agostiño. Na parte baixa, un alfinete de cabeza esférica, de nácara, serve de feche deste estoxo.